O Congreso Euroamericano de Dereito e Política é o resultado da comprometida labor conxunta de investigadores da Universidade Federal Fluminense coa Universidade de Vigo, coa intención de ampliar o diálogo acerca de intereses comúns, promovendo a aproximación académica e científica e propiciando unha mellor comprensión do contexto social en realidades de orixes estructurais conexos.
II Congreso Euroamericano de Dereito e Política
Nesta segunda edición o evento estará enfocado no estudo e análise das institucións xurídicas e políticas dos continentes americano e europeo na súa interacción co desenvolvemento sustentable. Tratase, en definitiva, de examinar o impacto das políticas, públicas ou privadas, e das creacións xurídicas no seu intento por avanzar na consolidación dun desenvolvemento económico que sexa perfectamente compatible co uso respectuoso e axeitado dos recursos naturais. Como continuación dos obxectivos do desenvolvemento do Milenio, que tiñan como data límite de cumprimento o ano 2015, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable. Nela estableceronse 17 obxectivos de aplicación universal na que se insta a todos os países a adoptar medidas para promover a prosperidade ao tempo que se protexe o planeta. O II Congreso Euroamericano de Dereito e Política pretende ser un campo de análise e de diálogo sobre cuestións que relacionen a actuación dos poderes públicos e das institucións xurídico-políticas en xeral con cumprimento e o traballo en favor destes obxectivos.
Dentro deste contexto, o Campus de Ourense da Universidade de Vigo, lugar onde se ubica a celebración do Congreso, é un campus líder en temáticas relacionadas coa auga, con capacidade para expandir a súa plataforma de investigación e innovación, todo iso en relación directa e inmediata co obxectivo da sustentabilidade. Esta coincidencia, que non é casual, aumenta a potencialidade, as sinerxias, os recursos e os resultados que poidan derivarse do traballo conxunto dos investigadores participantes neste encontro científico.
A iniciativa basease nas accións de internacionalización presentes nos proxectos institucionais de todos os implicados, obxectivando a produción cualificada e representante de realidades comparadas. O Congreso Euroamericano pretende ser un foro de discusión e intercambio de experiencias das realidades transatlánticas, sobre temas de influencias directas nas áreas socioeconómicas e políticas dos dous continentes. A experiencia do Estado de benestar, os mercados económicos, as realidades socio-xurídicas e institucionais, todos eles relacionados co desenvolvemento sustentable, serán obxectos de debate privilexiados nesta ocasión.
A intervención dos académicos proporcionará a posibilidade de participación activa no evento, non soamente en calidade de oíntes como tamén pola presentación de traballos, previamente seleccionados, nos grupos temáticos desta web.