Congreso Euroamericano de Dereito e Política

Instruccións para o envío de traballos e Paneis


PROPOSTA DE TRABALLOS


  1. Os participantes deberán enviar os textos a través do formulario da sección Cronograma nos prazos que se establecen na mesma.
  2. As contribucións deberán observar as seguintes especificacións que aparecen detalladas nas plantillas de resumo expandido (Extensión 1.200 - 2.500 palabras) (Normas ABNT) e de capítulo de libro (Extensión 5.000 - 7000 palabras, 15 páxinas) (Normas APA). Os títulos do resumo e do capítulo deberán ser diferentes.
    Resumo expandido (ES) | Resumo expandido (BR) | Capítulo (ES) | Capítulo (BR)

    A entrega da contribución final realizarase a través da plataforma Easychair, o prazo remata o 31 de maio.
  3. Os resumos expandidos publicaranse como Actas do II CEADP 2018 pola Universidade de Vigo ou ben pola Universidade Federal Fluminense. E o libro con formato electrónico publicarase na Editorial Dykinson.
  4. A inscrición dos traballos farase efectiva co pagamento dunha taxa despois da aceptación e conformidade ás orientacións publicadas nesta web no apartado Inscrición.
  5. A presentación dos traballos terá lugar os días 17, 18 e 19 de abril de 2018, nos horarios e salas divulgadas oportunamente para o evento (Facultade de Ciencias da Educación – Campus de Ourense – Universidade de Vigo) durante o Congreso.
  6. Os traballos aceptados serán publicados unha vez se verifique o prazo para a revisión dos mesmos tras o Congreso.
  7. Ao inscribir as comunicacións para a súa presentación nos Paneis os autores autorizan a súa publicación nos produtos derivados do evento, cos debidos créditos de autoría, e sen calquera contraprestación económica para os responsables por parte da organización do congreso.
  8. Para calquera dúbida ou suxestión pode escribir á dirección electrónica: ceadp@uvigo.es.

PROPOSTA DE PANEIS (GRUPOS DE TRABALLO)


  1. Os Paneis poderán ser propostos en conxunto, de 2 a 4 profesores, con indicación dunha temática específica.
  2. Os profesores responsables da proposta deberán ser doutores puidendo ser auxiliados por doutorandos.
  3. A proposta de Panel presentada deberá conter: Título do panel, breve descrición para servir de guía aos textos postulados, nome dos coordinadores, seguido de título e vínculo académico.
  4. Rematado o prazo publicaranse as propostas aceptadas na web no apartado Paneis.

Publicacións do Congreso


  1. O resumo expandido publicarase como Actas do II CEADP 2018 pola Universidade de Vigo ou pola Universidade Federal Fluminense.
  2. As comunicacións finais publicaranse como capítulo de libro con formato electrónico coa Editorial Dykinson.

Organizadores



Colabora